MAZO · A Mascota do Comercio do Morrazo
Ilustración – Naming
Os valores que me moven son:
O amor, como sentimento que se forma nas relacións entre comerciantes e clientes. Cando hai amor e confianza, todo flúe. Por todo isto, son moi, moi defensor do amor.
A felicidade que vén de estar a gusto. Cando as cousas son sinxelas e cómodas, directamente fanche máis feliz e máis contido. A dose de serotonina, endorfinas, dopaminas e oxitocinas aumenta de forma desproporcionada. E outra cousa non, pero sobre a xeración de oxitocina, sei moito. Xogamos?
A ilusión do comerciante ao ver ao cliente. Tamén a ilusión dos nenxs ao facer novas actividades. Esta ilusión está conectada coa comunidade que se forma nestes momentos marabillosos. Que ilusionante todo!
O eterno agradecemento do sector, devolvéndoo á sociedade en forma de doazóns e achegas en diversos sectores, como o cultural, o deportivo, etc. É de ben nacido ser agradecido.
O valor engadido a todo o que se crea nas nosas localizacións. De persoas para persoas.
Lealdade e honestidade, tan importantes nestes tempos. A base sólida para a creación de vínculos eternos é esta, sen ningunha dúbida.
O crecemento constante. Avanzar sempre, nunca retroceder. E a simbiose entre clientes e comerciantes é crecemento para o medio ambiente.
Amizade. Non son necesarias máis palabras para definilo. Palabra de can.